Boas prácticas en industria
O sector da industria ten unhas necesidades específicas respecto á calidade, fiabilidade e dispoñibilidade da enerxía para garantir a produción. Ademáis de poder alcanzar grandes consumos de auga, enerxía e materias primas, polo que os aforros terán un maior peso económico.
Sistemas de monitorización, control e xestión poden resultar de grande axuda á hora de buscar a máxima eficiencia e optimización dos recursos.A aposta pola sostibilidade pode repercutir ademáis de xeito positivo na imaxe corporativa nas novas tendencias dos mercados.
Boas prácticas en automoción
Talleres, concesionarios, centros de lavado de coches ou empresas de transportes. Todas elas engloban actividades nas que os gastos de enerxía e auga e a xeración de residuos poden supoñer un alto impacto ambiental.
Unha correcta xestión de residuos así como a posta en marcha de boas prácticas de eficiencia enerxética pode supoñer unha mellora tanto no aspecto económico coma na imaxe proxectada de respecto ao medioambiente.
Boas prácticas en clínicas e hospitais
As características e finalidade das clínicas e hospitais fan que aspectos como a hixiene, o confort e o servizo continuo durante todo o ano teñan unha vital importancia, polo que os consumos de enerxía e auga asociados e a correcta xestión de residuos fai necesario a aplicación de iniciativas no campo da eficiencia enerxética e a sostibilidade.
Boas prácticas en lavanderías e tintorerías
Boas prácticas en ximnasios e centros deportivos
A realización de actividades deportivas en espazos pechados demanda unha gran cantidade de enerxía. O acondicionamento da temperatura e humidade, a climatización de piscinas, a xeración de auga quente sanitaria e o consumo dos equipos eléctricos son os elementos clave do consumo de enerxía.