Boas prácticas en automoción
Automocion
Talleres, concesionarios, centros de lavado de coches ou empresas de transportes. Todas elas engloban actividades nas que os gastos de enerxía e auga e a xeración de residuos poden supoñer un alto impacto ambiental.
Unha correcta xestión de residuos así como a posta en marcha de boas prácticas de eficiencia enerxética pode supoñer unha mellora tanto no aspecto económico coma na imaxe proxectada de respecto ao medioambiente.