A Fundación Escuela de Organización Industrial constitúese coa finalidade xeral de potenciar a formación e a realización e promoción de estudos e investigacións científicas e técnicas, fundamentalmente nos ámbitos da industria, o medio, a innovación, as novas tecnoloxías, a pequena e mediana empresa, a propiedade industrial, a economía e a prospectiva sobre a evolución da ciencia e a tecnoloxía e o seu impacto e influencia no sector produtivo e na sociedade. www.eoi.es
A empresa Municipal de Aguas de La Coruña (EMALCSA) é unha sociedade anónima de propiedade municipal que xestiona de forma directa o ciclo integral da auga na cidade da Coruña e a súa área metropolitana. A devandita xestión inclúe a captación, potabilización e distribución da auga e a posterior recollida das augas usadas, a súa depuración e a súa devolución ao medio natural. Así mesmo, EMALCSA asume as tarefas de mantemento, limpeza e reparación das instalacións de rede de sumidoiros e a rede sanitaria, a concesión e establecemento de acometidas para a subministración de auga e colabora co Concello da Coruña na xestión e prestación doutros servizos municipais. A actividade de EMALCSA implica unha capacidade total de tratamento de case 77 millóns de metros cúbicos de auga e un número de clientes directos superior aos 134.000. A través das súas distintas liñas de actividade relacionadas coa auga, EMALCSA presta servizo a unha poboación que supera os 391.000 habitantes dos municipios de A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral.www.emalcsa.es
Páxina oficial do Concello de A Coruña. www.coruna.es
Páxina oficial de Coruña Smart City. Coruña Smart City
Rede que acolle a maior parte dos actores locais que, dun xeito ou outra, exercen influencia no campo da enerxía, como as empresas subministradoras, os proxectistas e instaladores, os colexios profesionais, as empresas industriais, os construtores, os comerciantes e facultades universitarias entre outros, posibilitando así o deseño dunha estratexia clara a curto, medio e longo prazo en materia de eficiencia enerxética e loita contra o cambio climático. Coruña Sostible
O Instituto para a Diversificación y Ahorro de la Energía, IDAE, é un organismo adscrito ao Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da Secretaría de Estado de Energía, de quen depende organicamente, cuxa finalidade é a de contribuír á consecución dos obxectivos que ten adquiridos o noso país en materia de mellora da eficiencia enerxética, enerxías renovables e outras tecnoloxías baixas en carbono constitúe o marco estratéxico da súa actividade. Neste sentido, o IDAE leva a cabo accións de difusión e formación, asesoramento técnico, desenvolvemento de programas específicos e financiamento de proxectos de innovación tecnolóxica e carácter replicable. Así mesmo, o Instituto lidera unha intensa actividade internacional no marco de distintos programas europeos e cooperación con terceiros países. www.idae.es
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) - Entidade que leva a cabo actividades no ámbito da enerxía en Galicia como por exemplo o fomento e o impulso de iniciativas para a mellora da investigación enerxética en Galicia, o estudo e o apoio de actuacións para o seu coñecemento, o desenvolvemento e a aplicación de novas tecnoloxías (incluídas as renovables), a mellora do aforro e a eficiencia, o fomento do uso racional da enerxía ou a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos eixes económicos de Galicia. www.inega.es
Os puntos limpos son parques de colectores ou "áreas de reciclaxe" destinados á recollida dos residuos que non teñen cabida nos diferentes tipos de colectores repartidos pola cidade. Residuos que polo seu volume ou toxicidade, ou pola frecuencia da súa produción, esixen unhas instalacións de recollida particulares. Aquí pódese encontrar información sobre os distintos puntos de recollida da cidade así como dos residuos que se recollen en cada un deles. Puntos Limpos A Coruña
O Laboratorio de Ecoinnovación identifica, clasifica e difunde casos prácticos de empresas nacionais e internacionais que aumentaron a súa competitividade incorporando a Ecoinnovación. Laboratorio de Ecoinnovación