Valora Consultores, Emalcsa e Tecdesoft únense para poñer en marcha o proxecto iECOCITY. Un proxecto que profunda nas necesidades que a sociedade, as empresas e os gobernos teñen en materia de sustentabilidade (cambio climático, saúde ambiental, xestión de recursos,…). O obxectivo do proxecto é desenvolver os sistemas de captación automatizados de información de consumos enerxéticos e de auga por elemento consumidor dentro da cadea de valor nunha peme, que permita identificar os perfís de consumos, a relación real entre consumos auga-enerxía, que permita, a partir da definición da mostra representativa para obter resultados poboacionais nun cidade, obter información sobre pegadas de carbono e hídricas da cidade, consumos de enerxía e auga absolutos e relativos, e establecer os potenciais de aforro de enerxía actuando sobre o parámetro auga. Todo iso explotando a información en función dos diferentes colectivos que a consumirán (cidadáns, xestores municipais e pemes).

Socios do proxecto:

EMALCSA:

EMALCSA é subsidiaria da antiga mercantil Augas da Coruña, S.A. creada no ano 1903. A actual compañía xorde dun proceso de municipalización, consolidado no ano 1977. O principal obxecto da compañía na prestación dos servizos relacionados con ciclo urbano da auga na Coruña e a súa contorna, ademais de servir de base para o desenvolvemento doutras iniciativas relacionadas coa prestación de servizos no ámbito municipal. Desde o ano 1903 vén prestando ininterrompidamente os servizos de abastecemento de auga á cidade da Coruña, asumindo todos os investimentos necesarios para a súa correcta prestación. A partir dos anos 60 a compañía expande a súa actividade prestando servizos de auga en alta aos concellos da súa contorna metropolitana. A partir da década dos anos 90 do pasado século iniciouse unha crecente actividade relacionada coa xestión de actividades municipais, a rede de sumidoiros, os sistemas de recadación de taxas e finalmente a depuración de augas residuais. Na actualidade exponse un proxecto de posta en valor do seu coñecemento a través de diferentes iniciativas de innovación, así como a proxección do seu modelo de negocio, tanto desde o punto de vista de novos servizos cidadáns, como da súa actividade principal a nivel nacional e internacional.

VALORA:

Valora Consultores, é unha empresa galega, que naceu en 2002, co obxectivo de liderar a integración de solucións que conxugasen innovación e sustentabilidade nos modelos de negocio dos seus clientes. Neste enfoque foi pioneira a nivel nacional, achegando solucións desde a visión estratéxica da sustentabilidade como factor de cambio e posicionamento organizacional, ás solucións operativas en ecoinnovación e ecodiseño, mediante o desenvolvemento de novos produtos e solucións. Para acompañar este desenvolvemento de negocio, deseñaron novas ferramentas de análises do impacto ambiental e a ecoinnovación, baseadas en Análise de ciclo de vida, pegada ecolóxica e risco ambiental. Este enfoque especializado permitiulles ser provedores de destacadas multinacionais españolas, como Grupo INDITEX, ao que se apoiou no deseño do seu Plan Estratéxico de Sustentabilidade, na investigación para o deseño e desenvolvemento da súa Tenda Ecoeficente a nivel mundial e para a aplicación de criterios de ecodiseño e ecoproducción aplicados á fabricación de calzado. Na actualidade desenvolvemos traballos a nivel internacional no marco da Sustainable Apparel Coalition (asociación integrada por 60 líderes mundiais, como Nike, Adidas, H& M, Gap, Wal Mart,…), para o desenvolvemento dun modelo de xestión empresarial sustentable en empresas e en produtos. Na actualidade, Valora Consultores está formada por un Equipo Humano de 38 profesionais cunha dilatada experiencia en xestión da sustentabilidade e a innovación aplicada a organizacións públicas e privadas. Estes profesionais aglutinan un coñecemento que permite ofrecer un servizo integral e completo de alto valor engadido a entidades de distintos sectores e diversas naturezas, públicas e privadas, pemes e grandes empresas.

TDS:

TDS, S.A. é unha empresa con 25 anos de experiencia en automatización de procesos industriais nun gran abanico de sectores, (enerxético, auga, minería, taboleiro, aluminio, aceiro, automóbil). Desenvolve aplicacións a medida do cliente en toda a cadea de valor do proceso de automatización, desde a instrumentación sensórica ata a entrega do dato procesado aos sistemas ERP da empresa, pasando por todo o sistema de adquisición, procesado por PLC, controlador PAC, DCS…sistemas de interface Home/Máquina HMI SCADA e sistema de Nivel II ou sistemas MES para industria 4.0. Así mesmo conta con departamento de deseño electrónico, onde se deseñan e fabrican sistemas electrónicos para grandes tiradas. É hoxe en día un dos actores de referencia no mundo da automatización industrial en Galicia, con gran presenza nas principais industrias da nosa comunidade.