As 'cookies' son unha ferramenta empregada polos servidores Web para almacenar e recuperar información dos seus usuarios. É só un arquivo de texto que algúns servidores piden ao navegador para escribir no disco duro, coa información proporcionada a partir das accións tomadas pola páxina.
Teñen unha data de caducidade, que pode variar a duración da sesión ou incluso unha data futura especificada, tras o cal deixan de ser operativas.
EMALCSA utiliza cookies para a personalización dos servizos ofrecidos aos usuarios. As cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco duro ou incluír virus nos seus textos. Ademais, EMALCSA non pode ler as cookies implantadas no disco duro do usuario por outros servidores.
A páxina web EMALCSA emprega as seguintes cookies:
- 'Cookies' estritamente necesarias para a prestación de determinados servizos expresamente solicitados polos usuarios: Se esas 'cookies' son desactivadas non teremos maneira de coñecer, por exemplo, o idioma no que desexa navegar e, se a súa elección non coincide coa linguaxe marcada por defecto terá que escolle-la cada vez que visite a web. Tampouco poderá utilizar servizos que requiran identificación previa.
- 'Cookies' analíticas (para o seguimento e análise estadístico do comportamento do conxunto dos usuarios) e de redes sociais (datos de usuario): si se desactivan estas 'cookies', o sitio web poderá seguir funcionando sen prexuízo da información captada por estas 'cookies' sobre o uso das nosas webs, permitíndonos coñecer as preferencias dos usuarios e mellorar os servizos e informacions que nelas se ofrecen a ciudadanía.
Desactivación de 'cookies'
O usuario poderá, en calquera momento, elexir qué 'cookies' quere que funcionen neste sitio web mediante a configuración do navegador, por exemplo:
- Chrome, dende http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=es&answer=95647
- Explorer, dende http://windows.microsoft.com/es-es/windows7/how-to-manage-cookies-in-internet-explorer-9
- Firefox, dende http://support.mozilla.org/es/kb/habilitar-y-deshabilitar-cookies-que-los-sitios-we
- Safari, dende http://support.apple.com/kb/ph5042
- Outras ferramentas de terceiros, dispoñíbeis on line, que permiten os usuarios detectar as 'cookies' en cada sitio web que visitan e xestionar a súa desactivación (por exemplo, Ghostery:http://www.ghostery.com/privacy-statement, http://www.ghostery.com/faq)
Se ten dúbidas sobre esta política de 'cookies', pode empregar o formulario de contacto para as súas suxerencias e reclamacions.
Valora Consultores, Emalcsa e Tecdesoft únense para poñer en marcha o proxecto iECOCITY. Un proxecto que profunda nas necesidades que a sociedade, as empresas e os gobernos teñen en materia de sustentabilidade (cambio climático, saúde ambiental, xestión de recursos,…). O obxectivo do proxecto é desenvolver os sistemas de captación automatizados de información de consumos enerxéticos e de auga por elemento consumidor dentro da cadea de valor nunha peme, que permita identificar os perfís de consumos, a relación real entre consumos auga-enerxía, que permita, a partir da definición da mostra representativa para obter resultados poboacionais nun cidade, obter información sobre pegadas de carbono e hídricas da cidade, consumos de enerxía e auga absolutos e relativos, e establecer os potenciais de aforro de enerxía actuando sobre o parámetro auga. Todo iso explotando a información en función dos diferentes colectivos que a consumirán (cidadáns, xestores municipais e pemes).
Socios do proxecto:
EMALCSA:
EMALCSA é subsidiaria da antiga mercantil Augas da Coruña, S.A. creada no ano 1903. A actual compañía xorde dun proceso de municipalización, consolidado no ano 1977. O principal obxecto da compañía na prestación dos servizos relacionados con ciclo urbano da auga na Coruña e a súa contorna, ademais de servir de base para o desenvolvemento doutras iniciativas relacionadas coa prestación de servizos no ámbito municipal. Desde o ano 1903 vén prestando ininterrompidamente os servizos de abastecemento de auga á cidade da Coruña, asumindo todos os investimentos necesarios para a súa correcta prestación. A partir dos anos 60 a compañía expande a súa actividade prestando servizos de auga en alta aos concellos da súa contorna metropolitana. A partir da década dos anos 90 do pasado século iniciouse unha crecente actividade relacionada coa xestión de actividades municipais, a rede de sumidoiros, os sistemas de recadación de taxas e finalmente a depuración de augas residuais. Na actualidade exponse un proxecto de posta en valor do seu coñecemento a través de diferentes iniciativas de innovación, así como a proxección do seu modelo de negocio, tanto desde o punto de vista de novos servizos cidadáns, como da súa actividade principal a nivel nacional e internacional.
VALORA:
Valora Consultores, é unha empresa galega, que naceu en 2002, co obxectivo de liderar a integración de solucións que conxugasen innovación e sustentabilidade nos modelos de negocio dos seus clientes. Neste enfoque foi pioneira a nivel nacional, achegando solucións desde a visión estratéxica da sustentabilidade como factor de cambio e posicionamento organizacional, ás solucións operativas en ecoinnovación e ecodiseño, mediante o desenvolvemento de novos produtos e solucións. Para acompañar este desenvolvemento de negocio, deseñaron novas ferramentas de análises do impacto ambiental e a ecoinnovación, baseadas en Análise de ciclo de vida, pegada ecolóxica e risco ambiental. Este enfoque especializado permitiulles ser provedores de destacadas multinacionais españolas, como Grupo INDITEX, ao que se apoiou no deseño do seu Plan Estratéxico de Sustentabilidade, na investigación para o deseño e desenvolvemento da súa Tenda Ecoeficente a nivel mundial e para a aplicación de criterios de ecodiseño e ecoproducción aplicados á fabricación de calzado. Na actualidade desenvolvemos traballos a nivel internacional no marco da Sustainable Apparel Coalition (asociación integrada por 60 líderes mundiais, como Nike, Adidas, H& M, Gap, Wal Mart,…), para o desenvolvemento dun modelo de xestión empresarial sustentable en empresas e en produtos. Na actualidade, Valora Consultores está formada por un Equipo Humano de 38 profesionais cunha dilatada experiencia en xestión da sustentabilidade e a innovación aplicada a organizacións públicas e privadas. Estes profesionais aglutinan un coñecemento que permite ofrecer un servizo integral e completo de alto valor engadido a entidades de distintos sectores e diversas naturezas, públicas e privadas, pemes e grandes empresas.
TDS:
TDS, S.A. é unha empresa con 25 anos de experiencia en automatización de procesos industriais nun gran abanico de sectores, (enerxético, auga, minería, taboleiro, aluminio, aceiro, automóbil). Desenvolve aplicacións a medida do cliente en toda a cadea de valor do proceso de automatización, desde a instrumentación sensórica ata a entrega do dato procesado aos sistemas ERP da empresa, pasando por todo o sistema de adquisición, procesado por PLC, controlador PAC, DCS…sistemas de interface Home/Máquina HMI SCADA e sistema de Nivel II ou sistemas MES para industria 4.0. Así mesmo conta con departamento de deseño electrónico, onde se deseñan e fabrican sistemas electrónicos para grandes tiradas. É hoxe en día un dos actores de referencia no mundo da automatización industrial en Galicia, con gran presenza nas principais industrias da nosa comunidade.
Para restablecer o contrasinal da súa conta, debe encher a caixa de texto que se ilustra a continuación co seu nome e correo electrónico para que o administrador poida restablecela.
Podemos definir Ecoinnovación como o xeito de innovar dende unha perspectiva ecolóxica, coa que poder reducir o impacto sobre o medioambiente. Poderíase dicir que é a busca de novas vías para lograr un desenvolvemento máis sostible.
O obxectivo é reducir o impacto medioambiental e facer un mellor uso dos recursos. Isto significa entre outras cousas:
- Desenvolver produtos, técnicas, servizos e procesos que reduzan as emisións de CO2
- Usar os recursos eficientemente
- Promover a reciclaxe
A pegada de carbono é un dos indicadores ambientais utilizados para avaliar o impacto sobre o planeta. Pretende cuantificar a cantidade de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), medidas en emisións de CO2 equivalente, que son liberadas á atmosfera debido ás nosas actividades cotiás ou á comercialización dun produto.
Pódese calcular a pegada dun produto, dun servizo ou dunha organización. Cal poden ser as diferenzas?
-
Organización: mide a totalidade dos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) emitidos por efecto directo e indirecto provenientes do desenvolvemento da actividade da devandita organización.
-
Produto: mide os Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) emitidos durante todo o ciclo de vida do produto dende a extracción de materias primas, procesado, fabricación e distribución ata o final da súa vida útil, depósito, reutilización ou reciclado
Unha vez determinadas as fontes de emisións de GEI pódense tomar medidas para a súa redución. A pegada de carbono identifica as fontes de emisións de GEI dun produto. Isto polo tanto permite definir mellor os obxectivos, establecer políticas de redución de emisións máis efectivas e iniciativas de aforros de custo mellor dirixidas, todo iso consecuencia dun mellor coñecemento dos puntos críticos para a redución de emisións, que poden ou non poden ser de responsabilidade directa da organización.
Cal son os Gases de Efecto Invernadoiro (GEI)?
- Dioxido de Carbono CO2
- Metano (CH4)
- Oxido de Nitroxeno (N2O)
- Hidrofluorocarbonos (HFC)
- Perfluorocarbonos (PFC)
- Hexafluoruro de Xofre (SF6)
- Trifluoruro de Nitroxeno (NF3) dende 2012
Como o CO2 é o que maior influencia ten no quentamento (aprox. 80%) é o que toma como referencia, sendo así a unidade de medida toneladas de CO2 equivalentes (tCO2eq) ou os seus múltiplos.
Para que me serve calcular a pegada de carbono?
-
Identificar oportunidades de aforro. Se se identifican as fontes de GEI e se intenta reducir as emisións, como a maior parte deles se derivan de consumos enerxéticos, estarase a conseguir un aforro económico.
-
Mellora da reputación corporativa. Pódense identificar novas oportunidades de negocio cuns clientes cada vez máis sensibilizados co medio.
CLASIFICACIÓN DAS EMISIÓNS
-
Emisións directas: as fontes de emisión son propiedade ou están controladas pola organización.
-
Emisións indirectas: debidas á actividade pero non son propiedade ou están controladas pola organización.
CLASIFICACIÓN POR ALCANCE
-
Alcance 1: Emisións directas de GEI que provén de fontes que son propiedade ou están controladas pola empresa. Combustion en Caldeiras, fornos, vehículos, fugas CH4, aire acondicionado, etc
-
Alcance 2: Emisións indirectas de GEI asociadas á electricidade: emisións da xeración de electricidade adquirida e consumida pola empresa.
-
Alcance 3: Outras emisións indirectas que nos son propiedade nin están controladas pola empresa. Actividades de loxística e transporte realizados por terceiros, transporte de materias primas, compra de produtos ou servizos doutras organizacións.