Pegada de Carbono
A pegada de carbono é un dos indicadores ambientais utilizados para avaliar o impacto sobre o planeta. Pretende cuantificar a cantidade de emisións de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), medidas en emisións de CO2 equivalente, que son liberadas á atmosfera debido ás nosas actividades cotiás ou á comercialización dun produto.
Pódese calcular a pegada dun produto, dun servizo ou dunha organización. Cal poden ser as diferenzas?
-
Organización: mide a totalidade dos Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) emitidos por efecto directo e indirecto provenientes do desenvolvemento da actividade da devandita organización.
-
Produto: mide os Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) emitidos durante todo o ciclo de vida do produto dende a extracción de materias primas, procesado, fabricación e distribución ata o final da súa vida útil, depósito, reutilización ou reciclado
Unha vez determinadas as fontes de emisións de GEI pódense tomar medidas para a súa redución. A pegada de carbono identifica as fontes de emisións de GEI dun produto. Isto polo tanto permite definir mellor os obxectivos, establecer políticas de redución de emisións máis efectivas e iniciativas de aforros de custo mellor dirixidas, todo iso consecuencia dun mellor coñecemento dos puntos críticos para a redución de emisións, que poden ou non poden ser de responsabilidade directa da organización.
Cal son os Gases de Efecto Invernadoiro (GEI)?
- Dioxido de Carbono CO2
- Metano (CH4)
- Oxido de Nitroxeno (N2O)
- Hidrofluorocarbonos (HFC)
- Perfluorocarbonos (PFC)
- Hexafluoruro de Xofre (SF6)
- Trifluoruro de Nitroxeno (NF3) dende 2012
Como o CO2 é o que maior influencia ten no quentamento (aprox. 80%) é o que toma como referencia, sendo así a unidade de medida toneladas de CO2 equivalentes (tCO2eq) ou os seus múltiplos.
Para que me serve calcular a pegada de carbono?
-
Identificar oportunidades de aforro. Se se identifican as fontes de GEI e se intenta reducir as emisións, como a maior parte deles se derivan de consumos enerxéticos, estarase a conseguir un aforro económico.
-
Mellora da reputación corporativa. Pódense identificar novas oportunidades de negocio cuns clientes cada vez máis sensibilizados co medio.
CLASIFICACIÓN DAS EMISIÓNS
-
Emisións directas: as fontes de emisión son propiedade ou están controladas pola organización.
-
Emisións indirectas: debidas á actividade pero non son propiedade ou están controladas pola organización.
CLASIFICACIÓN POR ALCANCE
-
Alcance 1: Emisións directas de GEI que provén de fontes que son propiedade ou están controladas pola empresa. Combustion en Caldeiras, fornos, vehículos, fugas CH4, aire acondicionado, etc
-
Alcance 2: Emisións indirectas de GEI asociadas á electricidade: emisións da xeración de electricidade adquirida e consumida pola empresa.
-
Alcance 3: Outras emisións indirectas que nos son propiedade nin están controladas pola empresa. Actividades de loxística e transporte realizados por terceiros, transporte de materias primas, compra de produtos ou servizos doutras organizacións.