Podemos definir Ecoinnovación como o xeito de innovar dende unha perspectiva ecolóxica, coa que poder reducir o impacto sobre o medioambiente. Poderíase dicir que é a busca de novas vías para lograr un desenvolvemento máis sostible.

 

O obxectivo é reducir o impacto medioambiental e facer un mellor uso dos recursos. Isto significa entre outras cousas:

 

  • Desenvolver produtos, técnicas, servizos e procesos que reduzan as emisións de CO2
  • Usar os recursos eficientemente
  • Promover a reciclaxe