Se me comparo con outros verei se preciso mellorar
Coa recente publicación do RD 56/2016 sobre a eficiencia enerxética, as grandes empresas atópanse na obriga de facer unha auditoría enerxética nas súas instalacións e locais de traballo. Esta publicación está na liña das directivas europeas de enerxía e confirma a importancia e compromiso coa eficiencia enerxética, a redución do consumo e, polo tanto, a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI)
As auditorías teñen que rexistrarse no Rexistro Administrativo de Auditorías Enerxéticas polo que a Administración Pública terá datos de todas as empresas afectadas e poderá debuxar un mapa da situación actual e identificar oportunidades de mellora.
Esta é unha das vantaxes e beneficios presentados pola ferramenta de Ecoinnovación a todas as empresas da Coruña implicadas nesta iniciativa pioneira, proporcionando valores comparativos para os sectores que facilitarán a identificación de oportunidades de mellora e a toma de decisións.
Os usuarios obxectivo desta plataforma son as pequenas e medianas empresas que compoñen o groso do negocio local da Coruña, que xeralmente teñen máis dificultade de acceso a estas ferramentas.
Un maior número de empresas implicadas que aporten información sobre enerxía e consumo de auga, farán que os datos obtidos para comparacións sectoriais sexan máis consistentes e fiables. A Ferramenta de Ecoinnovación é unha aplicación feita para as empresas urbanas que á súa vez precisa das empresas para medrar.
Únete a esta iniciativa e benefíciate, ademáis de axudar tamén a conseguir unha ciudade referente en sustentabilidade.
Axudas do Ministerio de Industria para proxectos de eficiencia e aforro enerxético
Entraron en vigor os programas postos en marcha polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), para levar a cabo en 2015. Estas axudas divídense en varias liñas de actuación entre as cales se encontran as pemes, o transporte e a rehabilitación enerxética de edificios.
Con estas axudas preténdese dar un novo impulso a este tipo de actuacións co obxectivo de reducir os consumos enerxéticos e polo tanto reducir as emisións de CO2 e o impacto ambiental, compromisos dos Estados membros da Unión Europea.
É unha oportunidade máis que facilita a posta en marcha de proxectos de eficiencia enerxética e aforro que repercutirán positivamente non só á empresas senón tamén ao conxunto da sociedade.
Para máis información fai click aquí
Fondo JESSICA-F.A.D.A.E.
Están a disposición das pemes os Fondos JESSICA - FADAE co propósito de financiar proxectos de desenvolvemento urbano sostible que melloren a eficiencia enerxética e/ou utilicen as enerxías renovables. Teñen como temas prioritarios a EFICIENCIA ENERXÉTICA e xestión da enerxía, SOLAR TÉRMICA, SOLAR FOTOVOLTAICA ILLADA E BIOMASA, ou TRANSPORTE LIMPO, dentro de sectores como Edificación,Industria,Transporte, e Infraestruturas de servizos públicos relacionados coa enerxía.
Para obter máis información fai click aquí